AVISO: Os vídeos non se poderán realizar sobre a obra de lectura de sociais.

Tarefa

Se aínda non o es, vaste iniciar como Booktuber realizando vídeos con recomendacións lectoras en parella ou individualmente.

A casa do sono from bemilladoiro on Vimeo.

Contido

A intervención do booktuber que deberá incluír como mínimo os seguintes contidos na orde que considere oportuna:

  1. Presentación dicindo o seu nome (con apelidos ou non, como queira)
  2. Algunhas palabras sobre o autor ou autora
  3. Breves palabras sobre a temática
  4. Resumo da historia sen spoilers
  5. Motivos polos que che gustou o libro e polos que recomendas a súa lectura

Duración

Vídeos en parella: entre 4:15 e 4:45 minutos.

Vídeos individuais: entre 3:00 e 4:45 minutos.

Como facer un vídeo

Consellos á hora de gravar:

  1. A cámara de vídeo, o móbil ou tableta deben estar estabilizados cun trípode ou apoiados nun lugar de xeito que a imaxe non baile e en posición horizontal.
  2. A luz é fundamental, condiciona a percepción do que se ensina, ten en conta que tes que ter a luz de fronte, isto é, por detrás da cámara e nunca detrás túa.
  3. O son debe ser limpo sen ruídos de fondo, neste tipo de vídeos é moi importante que se entendan ben as túas palabras.
  4. O fondo, isto é, o que se ve detrás túa, debe estar ben pensado e non ao chou. Ti es libre de escoller calquera fondo pero nunca pode conter distraccións para o espectador ou elementos que non falen positivamente de ti como que se vexa o cuarto desordenado, etc. A maioría de booktubers realizan os seus vídeos diante dos seus estantes cheos de libros ou sentados nunha mesa de estudo aínda que tamén hai outros máis creativos que gravan tamén en exteriores ou crean fondos falsos onde inclúen as portadas, fotos das escritoras e escritores e outros elementos engadidos mediante edición de vídeo.

Idea! Antes de comezar a realizar a gravación definitiva debes facer sempre unha gravación de proba para comprobar aspectos como voz, luz e fondo.

Podes seguir as recomendacións do alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica e se te animas tamén podes enviar o teu vídeo a Youtubeiras.

Quen ten que realizar a tarefa

Todo o alumnado ten que realizar a tarefa seguindo as seguintes instrucións:

  1. O alumnado que aprobou a materia de Lingua Galega e Literatura no 1º trimestre ten as seguintes opcións: Opción A – realizar un vídeo a medias con outra compañeira ou compañeiro (sobre un dos libros obrigatorios do 1º e do 2º trimestres). Opción B – realizar un vídeo individual sobre un libro diferente. Con esta opción subiría nota.
  2. O alumnado que suspendeu a materia de Lingua Galega e Literatura no 1º trimestre pero ten aprobado o apartado de Lingua Oral ten as seguintes opcións: Opción A – realizar un vídeo a medias con outra compañeira ou compañeiro (sobre un dos libros obrigatorios do 1º e do 2º trimestres). Opción B – realizar un vídeo individual sobre un libro diferente. Con esta opción subiría nota.
  3. O alumnado que suspendeu a materia de Lingua Galega e Literatura no 1º trimestre e ten suspenso o apartado de Lingua Oral ten as seguintes opcións: Opción A – realizar dous vídeos a medias con outra compañeira ou compañeiro (un deles pode ser sobre un dos libros obrigatorios do 1º e do 2º trimestres). Opción B – realizar un vídeo individual sobre un libro diferente.

Criterios de correcciónRÚBRICA VÍDEO BOOKTUBER táboa horizontal DINA4 PDF

 

Forma de entrega

Na clase de ITI aprenderemos a entregar o vídeo a través de Google Drive.

Para que un vídeo se considere entregado en forma correcta deberá realizarse a entrega segundo as instrucións dada na aula e o seu contido poderá verse e escoitarse adecuadamente.

Formatos de entrega do arquivo de vídeo mp4 e avi.

Prazos de entrega

O prazo de entrega remata o luns 26 de febreiro de 2018.

O alumnado que desexe presentar outros vídeos para subir nota poderá facelo ata o 11 de marzo de 2018.

Estándares de aprendizaxe traballados na tarefa (só para o profesorado)

LGB1.2.2. Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe con progresiva autonomía.

LGB1.3.2. Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume) e o significado da linguaxe non verbal.

LGB1.5.2. Emprega as TIC para facer as súas presentacións máis claras e visualmente atractivas.

LGB1.6.3. Usa, se a posúe, a variante dialectal propia e asúmea como a variedade habitual do seu contexto.

LGB1.7.1. Produce textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.

LGB1.7.2. Participa con fluidez nas intervencións orais espontáneas respectando as regras morfosintácticas desta lingua, en especial a colocación do pronome átono, así como a fonética galega (pronuncia das sete vogais, n velar e fonema fricativo palatal xordo).

LGB1.7.4. Emprega nas intervencións orais espontáneas un léxico rico e variado.

LGB1.9.1. Elabora guións para organizar os contidos de exposicións formais ou informais breves.

LG1B1.9.2. Respecta os aspectos prosódicos da linguaxe non verbal (a posta en escena, os xestos e a mirada), manifesta autocontrol das emocións ao falar en público e diríxese ao auditorio con autoconfianza e seguridade.

LGB1.9.3. Adecúa a súa pronuncia á finalidade da situación comunicativa.

LGB1.9.4. Incorpora progresivamente palabras propias do nivel formal ás súas producións orais.

LGB1.9.6. Recoñece e avalía erros (repeticións de conectores, pobreza léxica e castelanismos) nos discursos orais propios e alleos e trata, progresivamente, de evitalos.

LGLB5.1.1. Le, con regularidade e de maneira guiada, obras literarias para desenvolver o criterio lector; expón unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relaciona o seu sentido coa propia experiencia e outros coñecementos adquiridos, e asimila os trazos estéticos xerais que definen cada texto.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA