Lembrade os requisitos para os monólogos:

  • Lingua: galego
  • Participación: individual ou en parella
  • Duración: máxima 5 minutos / mínima 3 minutos (individual) e 4 minutos (parella)
  • Non poden conter ningún tipo de contido ofensivo ou discriminatorio

Infografía monólogo humorístico

Infografía monólogo humorístico (Clica para descargar o PDF)

CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA OS MONÓLOGOS

Comunicación verbal:

  • Entoación apropiada a cada momento da comunicación.
  • Dicción correcta que permite unha boa comprensión.
  • Volume alto sen berrar que permite unha audición satisfactoria.

Comunicación non verbal:

  • Caracterización acorde coa situación comunicativa.
  • Comportamento postural.
  • Dominio da expresión facial e contacto visual.

O texto:

  • Dominio memorístico do monólogo presentado.
  • Enfoque do tema.
  • Distribución da información.

Duración:

  • Adecuación temporal ao tempo dispoñible.

OBSERVACIÓN: Serán eliminados os monólogos que conteñan calquera tipo de contido discriminatorio ou irrespectuoso.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA