Visualiza o seguinte vídeo.
- Cal é o tema do vídeo?
- Cal é o contexto da comunicación? Identifica neste vídeo os elementos do proceso comunicativo (emisor/a – receptor/a – mensaxe – código – canle).
- A lingua de signos da intérprete con que elemento do proceso comunicativo se relaciona?
- En que idioma se fala no vídeo? Se o vídeo estivese en xaponés entenderiamos a mensaxe? Por que cres que entendemos o que se di?
- En que zonas do mundo a xente entende este vídeo?
- Vas volver a ver o vídeo para localizar as ideas que aparecen nel. Vai facendo unha listaxe. Agora divide esas ideas en principais e secundarias. Finalmente fai un esquema numerado das ideas.
- Indica que clase de palabras aparecen en: cafeína en exceso: arritmia e hipertensión. Por se non lembras como diferenciamos as clases de palabras, imos repasalas un chisco.
8. Preme na ligazón da imaxe inferior que te levará á páxina da nova e identifica nesa páxina os elementos da noticia e tamén o resto de elementos que aparezan nela.
9. Identifica a autoría ou autorías.
10. Indica a clase de palabras do texto do titular.
11. Procura as palabras crecente, sanitaria, ámbito, tendencia e envase e inventa unha oración con cada unha delas. Fíxate que na túa oración teñen que ter o mesmo significado que posúen no texto.
12. Este vídeo é o resultado dun traballo de investigación estatística sobre o consumo de bebidas enerxéticas entre a xente nova. Realiza un esquema numerado dos pasos seguidos no seu proceso de investigación.