Tiven a oportunidade de coñecer a Raquel Gonzalez no curso 16/17 nunha das sesións do PFPP do IES da Pobra do Caramiñal sobre traballo por proxectos. Aquela tarde os meus compañeiros e mais eu saímos encantados porque, entre outros contidos, acabou por nos dar unha inxección de “entusiasmo pola docencia”.

Dende aquela son fiel seguidora da súa traxectoria porque me alimenta de corpo (aprendo con ela como impartir mellor a miña materia) e de espírito (achégame contidos interesantes e amor polo alumnado e pola literatura).

Ten unha presenza moi activa nas diferentes redes na que eu descataría:

  • O seu perfil de Twitter, @RaquelCartima, onde decote podes atopar materiais e experiencias en centros, sobre todo de Andalucía, o cal está moi ben porque nos serve de microscopio para saber de prácticas interesantes polo sur.
  • O seu blog, Raquel de Lengua, no que se prodiga pouco, dende logo moitísimo menos do que a min me gustaría, pero onde podes atopar documentación de competencias clave, aprendizaxe baseada en proxectos e aprendizaxe cooperativa.

Escribo hoxe sobre ela aquí porque ademais dente onte podemos ver a súa charla TED, Sigue tu hilo rojo, na que ides atopar moita emoción e moita poesía.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA