• Palabra do ano 2018 – Dende o Portal das Palabras convídannos a participar na elección da Palabra do Ano 2018, ata as 23:59 horas do domingo 16 de decembro estará aberto o prazo de recepción de propostas. Anímate a participar!

  • Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego 2018 – Nel podes atopar as propostas de agasallo que envían algunhas das empresas deste proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística, ademais de información sobre o propio proxecto e as empresas que o compoñen

 

  • Filmoterapia – Co que me gusta o cine non podo entender como non coñecía aínda este magnífico blog que aúna cine, coaching e psicoloxía. O blog está asociado á consulta de psicoloxía de Hodgson & Burque | Psicólogos Coruña. Ofrece moito material pero ademais está moi ben etiquetado o que permite a localización rápida e sinxela dos contidos. As citas ordenadas por filme e ano xa son para morrer. Só lle falta unha cousa para ser perfecta, ter versión en galego.

 

3 COMENTARIOS

  1. É que é a única edición da Amazon en que aparece. Non sei por que. Mais pódense facer encomendas para Europa desde ela sen problemas.

    Saudiña

Deixa una resposta a Xavier Frías-Conde Cancelar a resposta