O 4 de xaneiro Manuel Bragado publicaba o seu post Onte 2003: Brétemas 14 anos

Quero felicitar a Manolo polos seus catorce anos de teimosía blogueira. Ao longo de case un lustro as súas Brétemas para min foron un mestrado de cultura da edición, da lectura e de Galicia, e un espello blogueiro no que me mirar e aprender.

Lonxe de reducir a visibilidade, as Brétemas de Bragado fannos máis claro o noso propio camiño, os seus posts devagar conseguiron converterse nas lousas amarelas de boa parte da cultura galega.

Con este post comezo unha nova sección na Profa que denomino Conexións, onde pretendo ir dando conta daquilo que vou atopando e que, por algunha circunstancia, esperta a miña atención.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA