Dentro da lectura, a lectura de poesía, en concreto, a súa interpretación, a miúdo non é traballada na aula porque tendemos a traballar máis a lectura de narrativa e, cando buscamos a interpretación, acudimos directamente ao texto teatral.

Vexamos algúns exemplos na voz de Yolanda Castaño que recita neste vídeo un poema seu e outros dous alleos.

No proxecto O EQUILIBRIO DOS EXTREMOS do Consello da Cultura Galega podemos atopar un diálogo entre os versos que 12 escritoras e escritores nados a partir da década dos oitenta imaxinaron en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias. Len cadanseu poema e un de Xela Arias: Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Dávila, Alicia Fernández, Rosalía Fernández Rial, Miriam Ferradáns, Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos. Fai clic na imaxe para ir á páxina do Consello da Cultura.

Coa finalidade de gravar poemas para un proxecto do EDLG imos traballar a lectura de poemas en formato sonoro e atopei a necesidade de crear unha rúbrica sinxela que puidese guiar o alumnado na correcta preparación desa lectura específica. O resultado é este documento que comparto con vós e que é o froito de mesturar diferentes rúbricas que fun atopando.

Coma sempre, agradécense achegas con suxestións de mellora.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA