ROSALÍA DE CASTRO – Cantares Gallegos – Quíxente tanto meniña – Soas (Rosa Cedrón e Cristina Pato) – Negro caravel – 2010

  “Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor
que para min eras lúa,
braca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardin de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón.”
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempóis que sí me dixeches,
en proba de teu amor,
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me firéu de dolor!
Mais, a pasar polo río,
¡o caravel afondóu…!
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.

ROSALÍA DE CASTROCantares Gallegos, 1863.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA