“O medo dunha nena” é unha canción triste escrita desde a tristura real. Desde ese estado cru e feo que na maioría de nós se agravou durante os últimos tempos. A pena que seguro moitxs sentimos máis intensamente. Mais non hai nesta canción unha tristura desesperada, senón tranquila, esperanzada. Un pesar que transitamos incomodamente, pero tendo moi presente a súa caducidade. O medo dunha nena” é un canto sincero desde a pena humana, sabéndoa inevitábel pero tamén finita.

____

Nesta canción Sés consegue que a tristura poida ser algo fermoso.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA