Fotografía en Flickr de Nicole North Rodriguez.

O teu novo reto será buscar nos medios de comunicación algunha noticia que teña que ver coa utilización dos datos persoais ou coa privacidade dos datos. Con ela terás que facer o seguinte:

  • Buscar noticias relacionadas con ese tema
  • Seleccionar unha
  • Crear unha nova entrada no teu blog que teña por título a túa noticia
  • No interior da entrada presentarás: 1. un resumo da noticia; 2. a túa opinión sobre ela; 3. unha ligazón á páxina de onde quitaches a noticia

A rematar a tarefa 7 terás que ter no teu blog:

  • 1 entrada de presentación
  • 4 entradas libres
  • 1 entrada analizando unha noticia sobre datos

Prazo de entrega: esta tarefa e as anteriores relativas ao blog terán que estar publicadas na túa bitácora antes do 8 de decembro ás 22:00.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA