Os artistas galegos desta etapa, do mesmo xeito que lles acontecía aos coetáneos, van ter na prensa e nas revistas a principal canle de difusión para as súas ideas e obras.

Esta xeración utiliza, ao principio, para se dar a coñecer os órganos das Irmandades:

A Nosa Terra (A Coruña, 1916) dirixida por Antón Villar Ponte.

A Revista Nós (Ourense, 1920) impulsada e dirixida por Vicente Risco.

Como publicacións propiamente obra da vangarda podemos sinalar:

Alfar (A Coruña, 1920). Inicialmente nace con outro nome ata outubro de 1925 en que acolle este nome. Nela aparecen colaboracións non sempre vangardistas, extragalegas e na sua lingua orixinal: Machado, Unamuno, Azorín, Gabriel Miró, Teixeira de Pascoaes, Gómez de la Serna, Guillermo de la Torre, Eluard, Breton, Victoriano Taibo, etc. A súa influencia maniféstase en Ronsel.

Ronsel (Lugo, 1924). Publicada por Evaristo Correa Calderón e Álvaro Cebreiro é considerada a máis importante de todas elas, lamentablemente só viu a luz de maio a outubro-novembro de 1924. Esta revista define o carácter do movemento lugués da xeración: literario, non nacionalita e en contacto con vangardistas españois. Nela colaboran entre outros Manuel Antonio, Luís Pimentel, Xesús Bal, Eugenio Montes, pero tamen artistas e literatos de Portugal, Madrid, Cataluña, América, Francia e Italia, como Teixeira de Pascoaes, Gómez del la Serna, Malespine, Eugénio de Castro, etc.

Resol (Santiago, 1932). Está vinculada aos medios universitarios composteláns.

Cristal (Pontevedra, 1932). Fundada por Álvarez Blázquez e Xoán Vidal Martínez publicarase ata o ano 1935.

Yunque (Lugo, 1932). Obra de Mercedes e Luís Pimentel, esta revista encadrada no Surrealismo e Hilozoís-mo en certo modo é continuadora de Ronsel.

Papel de color (Mondoñedo, 1933). Dirixida por Cunqueiro, publícase ata o ano 1935, nas súas páxinas atopamos poesía neotrobadoresca e surrealista.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA