Esta é a historia do Dorindo da Fonte Vella, un home que vive en perpetuo enfrontamento entre a súa obsesión polo traballo da terra, que el considera o único camiño de mellora para si e para os seus, e o comportamento daqueles que o rodean, veciños e familia, que se deixan levar polos pequenos praceres cotiáns. Mais el conta co apoio extraordinario desa terra que lle fala a través do lume para revelarlle a súa natureza de individuo só na vida.
Non hai aquí a axilidade doutras producións e o autor demórase na descrición case que angustiosa e pormenorizada dos pasos do Dorindo ata chegar á súa casa. Unha vez alí ten lugar o clímax narrativo coincidindo co enfrontamento que sostén coa súa dona e que vai seguido dun anticlímax confraternizador, cando a familia dorme. Mais aínda se nos ofrece un golpe de efecto final no que o protagonista, nun síntoma de rebeldía, bota ás lapas un billete de vinte pesos.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*