Primeiro paso – decide se desexas facer o traballo con alguén ou ti soa ou só. No caso de que desexes facelo con outra persoa, decide con quen.
Segundo paso – observa ou observade as diferentes opcións que se ofrecen para traballar sobre o libro e elixide unha que sexa do teu ou do voso agrado. En caso de que prefiras ou prefirades realizar outra idea diferente, consultádeo que de seguro que tamén ha de poder ser.
- Audiolibro “dramatizado”. (ata 3 persoas)
- Blog persoal dunha personaxe do libro. (1-2 persoas)
- Booktrailer. (1-2 persoas)
- Booktuber. (1-2 persoas)
- Caderno de enredos sobre o libro (encrucillados, sopas de letras, xeroglíficos, etc.). (1-2 persoas)
- Cápsula do tempo do libro (caixa grande onde se gardarían para a xente do futuro obxectos relacionados co libro). Esta opción inclúe a presentación da caixa e a explicación dos seus obxectos na aula ou en vídeo. (1-2 persoas)
- Knolling literario que inclúe a imaxe e o vídeo explicativo (10-15 obxectos). (1-2 persoas)
- Constelación literaria. (1-2 persoas)
- Decide ti a historia, recreación mediante algunha técnica que lle permita ao público decidir como continúa a historia e que ofreza continuacións alternativas á do libro orixinal. (ata 3 persoas)
- Deseño de camisetas e complementos baseados no libro. (1-2 persoas)
- Documental sobre o autor e a obra. (1-2 persoas)
- Entrevista radiofónica a algunha personaxe destacada. (2 persoas)
- Escritura de cartas dentro da literatura (serie de cartas entre as personaxes da mesma obra ou doutras obras con puntos de conexión entre elas, entre personaxes e a autora, etc.). (1-2 persoas)
- Escritura do mesmo libro ou das súas historias modificando aspectos como o narrador, as personaxes, o tempo, etc. (1-2 persoas)
- Escritura dunha historia que teña como protagonista a unha personaxe do libro. (1-2 persoas)
- Escritura dunha precuela. (1-2 persoas)
- Escritura dunha secuela. (1-2 persoas)
- Instagram de personaxes. Perfil de Instagram dunha personaxe. (1-2 persoas)
- Kamishibai do libro, dunha historia ou de varias. (1-2 persoas)
- Marcapáxinas (diferentes ideas, pode ser de personaxes cun resumo da súa historia por detrás, ou as personaxes por un lado e información sobre o autor por detrás, citas do libro, etc.). (1-2 persoas)
- Monólogo dunha personaxe do libro (dramático ou cómico). (1 persoa)
- Recreación en cómic dunha historia ou capítulo. (1-2 persoas)
- Recreación en documental dunha historia ou capítulo. (1-2 persoas)
- Recreación en fotonovela dunha historia ou capítulo. (1-2 persoas)
- Recreación en serie de vídeos de toda a obra ou partes máis destacadas. (ata 4 persoas)
- Recreación en vídeo dunha historia ou capítulo. (ata 3 persoas)
- Recreación da obra nunha exposición fotográfica. (1-2 persoas)
- Representación teatral do libro ou dunha das historias na aula. (ata 3 persoas)
- Scarpbook. (1-2 persoas)
- Serie de 10 carteis que representen a obra completa ou os fragmentos máis destacados. (ata 3 persoas)
- Stop-motion dunha historia, capítulo ou fragmento do libro. (ata 3 persoas)
- Roscos de pasapalabras sobre o autor, a obra e o seu léxico. (1-2 persoas)
- Presentación sobre a obra analizando algún aspecto orixinal. (1-2 persoas)
- Test de comprensión lectora dixital. (1-2 persoas)
- Xincana literaria do libro. (2 persoas)
- Xogo de mesa. (1-2 persoas)
- Xogo virtual. (1-2 persoas)
Terceiro paso – Enviade unha mensaxe coa vosa proposta indicando quen a realizaría, en que consistiría e como se realizaría o proxecto.
Cuarto paso – Apróbase o proxecto de traballo.
Quinto paso – Preséntase o traballo realizado (nalgunhas opcións este paso inclúe a presentación diante da aula).