pilarponteclases@gmail.com
O asunto dos correos ten que ser:
1º correo para solicitar as palabras do setestrelo.
Chégache unha resposta dicíndoche as palabras que tes adxudicadas para poder continuar.
2º correo para entregar o setestrelo.
Gravas en vídeo en formato .avi ou .mov a introdución e as 7 palabras por separado.
O nome do vídeo de cada palabra ten que ser:
nomedapalabra.avi
nomedosetestrelo.avi
mamiferos.avi
A continuación copias nun pendrive os 8 arquivos de vídeo, o do setestrelo e os das 7 palabras.
1 nomedosetestrelo.avi + 7 nomedapalabra.avi
No caso da nosa alumna do exemplo tería que gardar os seguintes arquivos:
mamiferos.avi
Para rematar, copias os 8 arquivos no ordenador da túa aula na carpeta do escritorio co nome Unha nube chea de palabras antes do día da entrega.
Cada alumno ou alumna deberá presentar dúas producións: 1 setestrelo relacionado dalgún xeito coa literatura ata o século XIX incluído e unha actividade de léxico con Ardora. Nos casos que se considere no canto dun setestrelo poderase entregar unha pílula informativa.
Prazos:
1º Prazo – 15 de maio – deberá estar entregado o setestrelo nas súas dúas versións.
2º Prazo – 18 de maio – deberá estar entregada a actividade de léxico.
3º Prazo – 22 de maio – por sorteo, poderán entregar o día 22 a actividade de léxico o seguinte alumnado 1A (números 13 Hugo ao 19 Abel e 1 Brais ao 3 Nagay) e 1B (números 4 Darío ao 13 José Piñeiro).
*No caso de que se faga o traballo en parellas ou tríos, para poder entregar a actividade de léxico o día 22 todos os integrantes deberán estar na listaxe do 3º prazo.
** Os setestrelos e actividades de léxico reservaranse no enderezo pilarponteclases@gmail.com e adxudicaranse por orde de chegada dos correos.
** Se nunha parella unha das persoas ten prazo para o 18 e outra para o 22, deberán entregar as producións grandes o 18 e poderán deixar as pequenas para o 22.
**As persoas que fagan unha pílula e tres palabras deberán seguir as instrucións para as palabras como no setestrelo. No caso da pílula deberán entregar o texto, ou no seu caso o índice de contidos, previamente por correo para ser aprobado. No caso de entregar só o guión deberán ter en conta que a súa entrega será avaliada segundo o nivel de lingua presentado en canto a incorreccións de calquera tipo.
Se seguides as instrucións paso a paso non haberá ningún problema.