Booktrailer para o conto infantil O sombreiro do mago, escrito e ilustrado por Ánxeles Ferrer.

Había una vez un mago chamado Cornelio que tiña un circo. En cada función saían do seu sombreiro de copa os obxectos máis abraiantes. Un día, sentado na herba, quedou durmido, chegou un paxaro e levou o sombreiro. Cando Cornelio espertou o sombreiro desaparecera. Non estaba! U-lo sombreiro?

En palabras da autora, o tema central é a imposibilidade de encontrar a felicidade dentro dun sombreiro (metáfora dunha vida cousificada pero non feliz).

Idade recomendada: 5-7 anos
Vídeo e animación: Estrela Paramos
Música: Gabriel Prada

(Edicións Xerais, 2017)

 

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA