Dende a semana pasada estamos a aprender a ler en alto e para iso comezamos falando na clase sobre a maneira en que o comportamento do noso corpo modifica a nosa voz. Nesta charla TED a investigadora Emma Rodero amósanos como as persoas podemos persuadir coa nosa voz e ensínanos que estratexias necesitamos desenvolver para conseguilo. Se che apetece, convídote a que vexas o vídeo e amplíes os teus coñecementos deste instrumento poderoso que é a voz.

Emma Rodero é unha xornalista con dous doutoramentos, un en Comunicación e outro en Psicoloxía, ten maís de doce libros sobre a voz e a fala, investigadora do son, a voz e a radio combina a docencia universitaria na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona coa súa actividade como conferenciante internacional.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA