O 5 de marzo de 1888 nacía D. Ramón Otero Pedrayo.
Aproveito para deixarvos a guía de lectura O fidalgo e outros relatos que realicei para o espazo didáctico da AELG.

Este traballo realiza unha achega a persoa de Don Ramón Otero Pedrayo e máis polo miúdo a esta obra súa.

Está dirixida ao público en xeral e máis concretamente ao alumnado de segundo curso de bacharelato. As propostas de análise tamén se poderían facer con menor nivel de esixencia en 4 de ESO.

Apuntamento: #OteroPedrayo non esquece dar conta de como as rapazas novas eran violadas polos fidalgos:

“Unha rapaza boa agradecida á casa, filla de caseiros […] ela, estrañada, non concibindo o sacrilexio, nin se atreve a loitar […] pregarias […] ollos espantados da mociña”.


Volve aos clásicos!
#volveaosclásicos

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA