Aquí tedes as dúas primeiras fichas de reforzo de acentuación.
Quen ten que facer as fichas?
Ten que realizar obrigatoriamente as fichas de reforzo de acentuación todo o alumnado que suspendeu o apartado de acentuación no exame da primeira avaliación independentemente de que aprobase ou non a materia.
O resto do alumnado pode facer as fichas pero non ten que entregalas.
Todo o alumnado ten que coñecer o léxico contido nelas.
Como se poden conseguir as fichas?
Podes abrir os documentos e imprimilas na túa casa en cor ou branco e negro ou collelas na conserxaría do instituto en branco e negro.
Como hai que facelas?
Debedes completalas á man e levalas á aula o luns 4 de febreiro de 2019. Despois de corrixilas entre todo o grupo na aula, deberás entregalas.
Ficha 1 – Clasifica en agudas, graves e esdrúxulas
Ficha 2 – Agudas