Esta é a rúbrica de avaliación que imos empregar no IES da Pobra para cualificarmos as producións do Tíralle da Lingua. Tede en conta:

  • O día 20 é o Tíralle da Lingua no instituto, no SUM
  • O día 28 é o Tíralle da Lingua en Santiago de Compostela
  • O tempo da rúbrica é para as historias con dúas persoas participantes (mínimo 3′), para unha persoa participante (mínimo 2’30”)
  • Non esquezas o contacto visual co público que vai incluído no criterio Presentación perante audiencia
  • E o criterio fundamental, se a ti non che gusta, tampouco lle vai gustar ao teu público
  • Inventa historias e pásao ben compartíndoas!

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA