En vésperas do 25 de novembro, ofrézovos o meu blog sobre violencia de xénero creado fai 12 anos, en 2007, por iso desculpade se atopades datos ou ligazóns desfasadas no tempo.

Trátase dunha creación web con catro grandes obxectivos:

  1. Informar sobre a violencia de xénero nas súas múltiples formas.
  2. Previr a aparición deste tipo de violencia mediante o coñecemento do seu comportamento e manifestacións.
  3. Vehiculizar os dous obxectivos anteriores a través da lingua galega fomentando a súa aprendizaxe e perfeccionamento.
  4. Achegarnos ao mundo do cartel e especificamente ao cartel en galego.

Para achegarse a uns coñecementos mínimos sobre a violencia de xénero deseñouse o apartado 2. Iso da violencia de xénero, onde se pode atopar información sobre o tema desde diversas perspectivas.

Por outro lado creouse unha actividade consistente nunha exposición-concurso de carteis sobre violencia de xénero xa que o cartel é un valioso recurso para propiciar a formación de condutas positivas.

Espero que vos sexa de proveito.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA