Día a día, entrada a entrada, A Profa acumula 12 aniños de existencia, unha ducia de novas ganas de seguir colgando cousas propias e alleas neste meu recuncho virtual.

Boto contas e comprobo que este blog nacía ao mesmo tempo que as miñas alumnas e alumnos e de 1.º de ESO, e iso asegúrovos que dá moita vertixe, para eles esta bitácora é prehistórica, estaba cando eles viñeron ver o mundo.

A realidade é que ultimamente non teño tempo a colgar tanta cousa que atopo boa na rede e iso é moi bo síntoma. Coma sempre, anímovos a compartir as cousas ben interesantes que facedes/mos. A polo seguinte!

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA