Tedes que realizar este LIM de actividades sobre a Prehistoria.

Prazo de entrega: Antes do 14 de abril de 2020.

Forma de entrega:

Opción A: Cando rematedes de facer a actividade tedes que clicar sobre o I que hai na parte superior dereita e ábrese unha ventá cos vosos resultados. Salvades a pantalla e enviádesme esa imaxe por privado.

Opción B: O mesmo pero a través de pilarponte@iespobra.com

***Aquelas persoas que non poidan acceder á anterior actividade realizarán os seguintes exercicios e entregaranos como documento compartido en Drive en pilarponte@iespobra.com

  1. Algúns dos sistemas utilizados para a datación dos restos arqueolóxicos son o Carbono 14, a datación por termoluminiscencia (TL) e o varrido de resonancia electrónica (ESR). Busca información sobre estes sistemas de datación e explica coas túas palabras en que consisten. (Actividade de Anaya)
  2. Que quere dicir que os seres humanos do Paleolítico eran nómades? A que se debía esta forma de vida?
  3. Busca o significado de biface, raspador e lasca, imaxes de cada un deles e logo elabora un comentario explicando a súa utilización.

Ánimo!

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA