DESCRICIÓN

A) Nunha descrición dada saber indicar:

  • Que se describe.
  • Se se trata dunha descrición obxectiva  ou dunha descrición subxectiva xustificándoo cos elementos propios de cada un destes tipos de descrición (páx. 99 libro de texto)
  • Os elementos destacados.
  • Os modificadores (palabra ou frase).
  • Os adxectivos.

B) Realizar unha descrición.

XÉNEROS XORNALÍSTICOS

  • Contidos da unidade didáctica.
  • Dada unha páxina, analizar os diferentes elementos que atopamos nela.

RELACIÓNS SEMÁNTICAS

  • Saber definir e poñer exemplos de: sinónimo, antónimo, hiperónimo, hipónimo.
  • Dadas unhas palabras indicar sinónimos, antónimos, hiperónimos e hipónimos.

TEMA, IDEA PRINCIPAL, IDEAS SECUNDARIAS

  • Saber identificar nun texto o tema, a idea principal e as ideas secundarias.
  • Saber facer o esquema de ideas dun texto.

LÉXICO EN CONTEXTOS DE USO

  • Inventar dúas oracións con dúas palabras dadas que cumpra os seguintes requisitos: máis de dez palabras sen contar preposicións nin determinantes, que se deduza o significado da palabra e que poida aparecer nun xornal.
  • Inventar un texto de mínimo dez liñas no que aparezan catro palabras dadas, que sexa coherente e poida aparecer nun xornal.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA