Ás veces a vida tráeche agasallos que te sorprenden unha tarde sen contar. Hai meses chamoume Alba Prol Cid para me facer unha entrevista para un documental no que quería facer unha homenaxe á figura da mestra de escola. O primeiro que lle dixen é que eu non era mestra pero a ela non lle importou e quedei unha tarde con ela e Adela Otero. Aquela entrevista foi para min unha marabillosa experiencia que me levou a realizar unha reflexión sobre o significado da profesión na miña vida. Hoxe na Facultade de Ciencias da Educación USC en Santiago estreouse “A mestra de escola” de Meteórica Cine, dirixido por Alba Prol Cid e producido por Raúl García – Meteórica, un documental no que teño a honra de participar xunto á enorme Helena Villar Janeiro (sen minusvalorar as outras compañeiras), a Teresa Ruibal, a Camino Pereiro González, a Mar Lorenzo e a Alicia Tojeiro Ríos. Convídovos a ver o que para min é un fermosísimo documental no que creo que hai moito de todas nós. Grazas a Alba e Raúl por este fermoso agasallo vital. 💙

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA