Unha vez que tedes o voso vídeo só vos queda colgalo nun servidor de vídeos para que todo o mundo o poida ver como fixeron as alumnas e alumnos da XXIIª edición dos Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia en xullo de 2009 .

BUSCAMOS AMANTES GALEGO FALANTES from szpedro84 on Vimeo.

Existen moitos servidores de vídeos, aquí tes algúns dos máis usados (clica nas imaxes).





Agora só vos quedan estes pasos finais:

1. Abrir unha conta no servidor de vídeo que escollestes.

2. E subir o vídeo ao servidor para que poida estar ao alcance de todos.

3. Por último, podedes difundir/distribuír a vosa curta compartíndoa nas redes sociais (tuenti, facebook, etc.) e tamén inseríndoa na vosa páxina web ou blog.


PARABÉNS, XA TEDES A VOSA CURTA!


*Se queredes podedes enviar a pilarponte.ensino@gmail.com o enderezo da vosa curta e engadirémola neste blog.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA