Imos traballar os textos instrutivos, e concretamente a receita de cociña.

Obxectivo: Inventar unha receita de cociña saudable que teña como base produtos do mar.

Páxina da revista Eroski Consumer.

ELEMENTOS DUNHA RECEITA DE COCIÑA

1 – TÍTULO

  • Debe ser descritivo e evocador de xeito que quen o lea faga unha idea realista do prato.

2 – COCIÑEIRA/O

  • Indicarase no caso dunha receita propia ou de autoría coñecida.

3 – PRESENTACIÓN DA RECEITA

  • Breve texto de presentación da receita argumentando a súa escolla.

4 – INFORMACIÓN NUTRICIONAL

  • Preferentemente de forma gráfica.

5 – ALÉRXENOS

  • Mediante as iconas correspondentes.
Exemplo de menú escolar con indicación dos alérxenos presentes na dieta.

6 – GRAO DE DIFICULTADE

  • Pódese expresar mediante unha palabra DOADO-NORMAL-DIFÍCIL-MOI DIFÍCIL ou mediante unha escala de estrelas ou graduación de escala.

7 – TEMPO DE ELABORACIÓN

  • Indícanse as horas e minutos coa maior precisión posible.

9 – CUSTO POR COMENSAL

  • Indicarase en euros.

10 – INGREDIENTES

  • En orde de utilización
  • Con indicación da cantidade exacta de cada un (proporción en medidas ou número de unidades).

11 – UTENSILIOS

  • En orde de utilización. (Especifícanse cando imos botar man de elementos que se afastan do que podemos atopar habitualmente nunha cociña)

12 – ELABORACIÓN

  • As indicacións da elaboración faranse paso a paso.
  • Empregamos os conectores discursivos de ordenación: en primeiro lugar, de seguido, por último
  • Utilizamos os verbos en presente de indicativo, normalmente en P4 (4ª persoa) ou P3 (3ª persoa) impersoal: relamos o queixo, rélase o queixo.
  • Usamos un léxico especializado, polo tanto debemos comprobar a corrección da terminoloxía que empregamos en dicionarios específicos.

Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés

Pequeno dicionario de gastronomía

13 – SUXESTIÓNS DE PRESENTACIÓN

  • Outros alimentos cos que se pode acompañar
  • Bebidas de acompañamento recomendadas
  • Disposición dos alimentos na forma de empratar
  • Suxestións de decoración na mesa (louza, etc.).

14 – FOTOGRAFÍAS

  • Fotografía dos ingredientes (optativa).
  • Fotografía do prato elaborado.

Que teño que facer? Inventar unha receita de cociña saudable que teña como base produtos do mar.

Como teño que entregala? En 3 formatos diferentes: en texto dixital para unha revista, en formato audio (mp4) para un podcast e unha app e en formato vídeo (avi) para unha canle e unha app.

1.º Paso: elixo que prato quero preparar.

2.º Paso: decido os ingredientes e as súas cantidades. Utilizo estes datos na aula de matemáticas para… (luns 10 de febreiro)

3.º Paso: escribo a versión en texto e entrégoa en papel para a súa corrección (xoves 13 de febreiro)

4.º Paso: gravo a realización da receita e tomo as fotografías para a edición textual. É conveniente que ao mesmo tempo vaia gravando unha versión en borrador do audio para logo lembrar a orde exacta en que realizo cada paso e tamén as aclaracións ou recomendacións que quero incluír e que van xurdir durante a posta en práctica da miña receita.

5.º Paso: deseño a versión dixital en texto engadindo o apartado gráfico. Exporto o documento a formato PDF.

6.º Paso: edito o vídeo engadindo o título e os créditos.

7.º Paso: creo o audio. Coa versión en borrador que realicei mentres cociñaba a receita engádolle ao texto que tiña os cambios, as aclaracións ou recomendacións que considere conveniente. Practico a lectura en voz alta do texto ata que me saia con voz alta e clara, con fluidez e cunha entoación correcta. Nese momento é cando gravo o audio definitivo tendo en conta que non debe haber ruídos de fondo que poidan distorsionar a gravación.

8.º Paso: envío o meu traballo a pilarponte@iespobra.com a través do correo (versión textual e audio) e mediante Google Drive ou WeTransfer (versión vídeo).

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA