157. *As páxinas anteriores pertencen a TxT Espaciais (2006), unha moi útil obra de Cristina Grandío e Luís Teira onde comentan diversos textos de autores galegos contemporáneos. Grazas a que este traballo foi distribuído mediante licenza Creative Commons a través de Edugaliza hoxe podemos compartilo.
158. Por que cres que a Séchu Sende lle gusta escoller protagonistas infantís para as súas historias? Terá isto algo que ver coa intencionalidade dos seus textos? Razoa as túas respostas.
159. Observade as seguintes adaptacións deste texto, a primeira é en vídeo e a segunda en animación mediante a utilización do programa xtranormal co que podedes crear as vosas propias curtas de animación.
A Editorial Avesta, de Istambul, a partir da tradución ao curdo do relato realizou esta curta.
Adaptación cinematográfica do relato de Séchu Sende realizada por Alessandra Gómez González e Inés Fernández Méndez
do Club de Lectura “Colegas das palabras” do IES Julio Prieto Nespereira de Ourense.
do Club de Lectura “Colegas das palabras” do IES Julio Prieto Nespereira de Ourense.
160. Inventade vós novas propostas de creación cinematográfica baseándovos nesta historia.