Xa era moita horiña de que A profa se fixese eco deste ano Casares que a min, persoalmente, me está servindo para descubrir moitas das facetas do autor dalgúns dos libros que me abriron as portas da literatura galega.

Tráiovos unha infografía da vida de Casares, está moi resumidiña, entre outras cousas, porque naceu como parte dun díptico que facemos colaborativamente na Coordinadora de Equipos do Barbanza.

Para a realización da infografía utilicei a información da cronoloxía da vida que aparece na web da Fundación Carlos Casares e a imaxe de Carlos Casares é un fragmento da caricatura aparecida na portada de Carlos Casares. Vida e literatura, o libro de Damián Villalaín publicado por Xerais.

Debaixo da imaxe deixo as descargas da infografía tanto en branco e negro coma en cor en formato PDF. Está realizada en tamaño DIN A4 para que sexa fácil fotocopiala nos centros.

20170513 Infografía Carlos Casares biografía cor

 

20170513 Infografía Carlos Casares biografía BeN

20170513 Infografía Carlos Casares biografía cor

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA