Do mesmo xeito que ao longo do curso e na convocatoria de setembro, a materia superarase tamén na convocatoria de pendentes por tarefas. O alumnado deberá abrir o seu propio blog en Blogger e recoller nel as súas producións.

*Lembrade que todas as imaxes deberán ou ser propias (para iso debedes indicalo na entrada) ou ter licenza Creative Commons (para iso debedes inserir na entrada unha ligazón á páxina da que procede a imaxe).

O alumnado pode obtar para recuperar a materia por dúas opcións:

OPCIÓN A: Entregar antes do 30 de novembro as 8 tarefas feitas.

OPCIÓN B: Entregar antes do 30 de novembro as tarefas 1, 2, 3, 4 e 5 e entregar antes do 30 de abril as tarefas 6, 7 e 8 feitas.

– TAREFA 1: Creamos o noso blog en Blogger 1

– TAREFA 2:  Creamos o noso blog en Blogger 2

– TAREFA 3:  Creamos o noso blog en Blogger 3

– TAREFA 4:  Creamos o noso blog en Blogger 4

– TAREFA 5: Busca tres noticias recentes (últimos tres meses) que teñan que ver coas redes sociais e que sexan positivas. Crea no teu blog unha entrada titulada “As redes sociais en positivo” e resume as tres noticias, en cada unha delas insire a ligazón ao medio de comunicación onde a atopaches (teñen que pertencer a tres medios de comunicación diferentes). Por último escribe un parágrafo dando a túa opinión sobre cada unha das tres.

– TAREFA 6: Crea unha entrada no teu blog titulada “Literatura xuvenil no IES da Pobra do Caramiñal” e nela recomenda dez títulos de literatura xuvenil que atopes na biblioteca do noso instituto, para atopalas deberás ir á páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a partir de aí atopar a páxina da nosa biblioteca.

– TAREFA 7: Crea unha entrada no teu blog e escribe nela as diferentes fontes de información (primarias e secundarias) que poderiamos utilizar á hora de realizar un traballo sobre un tema determinado.

– TAREFA 8: Crea unha entrada no teu blog na que lle ofrezas a un turista adolescente toda a información necesaria para pasar unha fin de semana na Pobra do Caramiñal. Debes incluír imaxes das túas propostas e tamén ligazóns ás páxinas coa información necesaria.

O prazo para realizar o teu blog coas tarefas remata o día 30 de abril. Antes dese día deberás entregar o teu traballo enviando un correo co enderezo web do teu blog a pilarponte@iespobra.com.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA