Como vedes, agora os grupos de traballo non van por aula senón que teñen unha orde consecutiva para deste xeito evitar posibles confusións que poderían aparecer ao de ter varios grupos co mesmo número.

A partir de agora deberedes utilizar a nova denominación do voso grupo que aparece na táboa superior en todo o que entreguedes.

Lembrade que cando enviedes un correo do grupo o asunto sempre ten que comezar polo número do grupo.

______

Cada grupo deberá realizar dúas reportaxes de tendencias:

1 – Sobre a actividade comercial e empresarial na Pobra do Caramiñal.

1 – Sobre un tema xenérico.

Os grupos que aínda non teñan adxudicadas as dúas reportaxes deberán decidir canto antes o tema da reportaxe que lles falte e enviarano por correo a pilarponte@iespobra.com poñendo no asunto o número de grupo que teñen adxudicado na táboa e as palabras Solicitude de tema.

Os temas, que non poderán estar repetidos, adxudicaranse por orde de chegada da solicitude.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA