TAREFA DE LINGUA 1

1. Copia e soletrea as seguintes palabras no teu caderno: radiotelegrafista, xinecoloxía, química, guepardo, dalgunhas, abella.

2. Realiza as seguintes accións con cada unha das seguintes palabras:

  • Divide a palabra en sílabas.
  • Indica a súa clasificación segundo a sílaba tónica (agudas, graves, esdrúxulas).
  • Coloca o acento se fose preciso.
  • Xustifica a aparición ou non de acento gráfico.
  • Se hai ditongos, rodéaos.
  • Se hai hiatos, sublíñaos.

Fíxate no exemplo:

COLLIA: co – llí – a; palabra grave; leva acento para marcar o hiato; non hai ditongos; hai un hiato collía.

COLLIA, ESTREITA, FIESTRA, CORREDOIRA, CONTAME, ZAPATO, ABRIR, ESBIRROU, PRACTICA, ROSEIRA, OUTRA, RUA

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA