PROBA 2 ACI: CONTIDO

FUNCIONAMENTO DA LINGUA

  • Ortografía
    • Alfabeto: escribe o alfabeto galego / indica letras que só usamos en estranxeirismos / sinala os dígrafos galegos / soletrea palabras
    • Acentuación: divide en sílabas, clasifica segundo a sílaba tónica (aguda, grave, esdrúxula), sinala ditongos e hiatos, acentúa se é necesario e xustifica a presenza ou ausencia de acento gráfico / acentúa un texto dado
  • Morfoloxía
    • Xénero e número
  • Léxico
    • Campos semánticos: o instituto, os animais, oficios e profesións, o corpo humano e o léxico anotado na aula
    • Dada unha definición, indica a palabra axeitada
    • Dada unha palabra, indica o sinónimo ou o antónimo
    • Dada unha palabra constrúe con ela unha oración que cumpra as seguintes características: que teña mínimo dez palabras sen contar preposicións nin artigos e que se deduza que coñeces o significado da palabra dada.

PROBA 2 ACI: SEGUIMENTO

Actividades que debes ter realizadas:

  • Tarefa 1: 1 e 2
  • Tarefa 2: 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7
  • Páxs. 20-21: 1, 2, 3, 4 e 5
  • Páxs. 30-31: 4, 10, 11, 16, 20
  • Páx. 32: 5 e 6
  • Páxs. 44-45: 1, 2, 3, 5 e 6
  • Páx. 49: 2, 3, 4
  • Páxs. 52-53: 4 e 15 xuntos (formar o nome e o plural)
  • Páx. 54: 4, 5
  • Páx. 59: 12 e 13
  • Páxs. 64-65: 1, 2, 3 e 4
  • Páx. 72: 10 e 18
  • Páxs. 84-85: 1, 2, 4, 6, 7
  • O corpo humano: Xogamos co Portal das Palabras (Non ter pés nin cabeza – non hai que facelo)
  • Páx. 89: 3

Actividades de ampliación de realización voluntaria:

  • Tarefa 2: 8 e 9
  • Páx. 51: 1, 2, 3 e 4 (dividir en sílabas, clasificar, acentuar, sinalar ditongos e hiatos e xustificar acentuación das palabras)
  • Páxs. 52-53: 7, 8, 10, 19 e 21 (dividir en sílabas, clasificar, acentuar, sinalar ditongos e hiatos e xustificar acentuación das palabras)
  • Páx. 54: 7 (dividir en sílabas, indicar a sílaba tónica, clasificar, acentuar, sinalar ditongos e hiatos e xustificar acentuación)
  • Páx. 71: 1 e 2 (dividir en sílabas, indicar a sílaba tónica, clasificar, acentuar, sinalar ditongos e hiatos e xustificar acentuación)
  • Páxs. 72-73: 8, 9 e 17 (dividir en sílabas, indicar a sílaba tónica, clasificar, acentuar, sinalar ditongos e hiatos e xustificar acentuación)
  • Páx. 74: 4

Estándares traballados (información para o profesorado)

LGB1.2.2. Segue instrucións para realizar tarefas de aprendizaxe con progresiva autonomía.

LGB1.7.1. Produce textos orais, en intervencións espontáneas, adecuadas á situación e á intención comunicativa desexada, con coherencia, cohesión e corrección.

LGB1.7.2. Participa con fluidez nas intervencións orais espontáneas respectando as regras morfosintácticas desta lingua, en especial a colocación do pronome átono, así como a fonética galega (pronuncia das sete vogais, n velar e fonema fricativo palatal xordo).

LGB1.7.3. Emprega nas intervencións orais espontáneas expresións propias do galego (fraseoloxía adecuada).

LGB1.7.4. Emprega nas intervencións orais espontáneas un léxico rico e variado.

LGB1.9.4. Incorpora progresivamente palabras propias do nivel formal ás súas producións orais.

LGB1.9.6. Recoñece e avalía erros (repeticións de conectores, pobreza léxica e castelanismos) nos discursos orais propios e alleos e trata, progresivamente, de evitalos.

LGB2.1.4. Procura o léxico descoñecido en dicionarios, analiza a forma da palabra ou deduce o significado polo contexto.

LG2.8.2. Adecúa o texto ao rexistro coloquial ou formal segundo o requira a situación comunicativa.

LGB2.8.5. Revisa o texto con respecto ás normas morfolóxicas, ortográficas e tipográficas.

LGB2.10.1. Produce, a partir dun modelo, textos propios dos medios de comunicación, fundamentalmente, noticias, en formato papel ou dixital.

LGB2.14.1. Participa, de modo guiado, nas tarefas de revisión e mellora das producións propias e alleas.

LGB2.14.2. Acepta o erro como parte do proceso de aprendizaxe e mostra unha actitude positiva de superación.

LGB3.1.1. Utiliza un vocabulario amplo e preciso para expresarse con claridade nun rexistro axeitado á situación.

LGB3.2.1. Recoñece e pronuncia correctamente os fonemas propios da lingua galega.

LGB3.4.1. Aplica correctamente as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega.

LGB3.4.2. Aplica estratexias para a corrección lingüística, gramatical e ortográfica dos textos.

LGB3.11.1. Recoñece os erros nas producións orais e escritas propias e alleas a partir da avaliación e autoavaliación.

 

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA