1. Mira o seguinte vídeo e despois indica cal é o seu tema (a idea principal).
2. Cal é o título do concurso? Cal é o seu obxectivo? Cantos premios se van entregar neste concurso literario?
3. Imos ver agora o significado dalgunhas palabras e expresións que aparecen no vídeo.
- Que é a casa consistorial?
- Que cres que pode ser un micromachismo? Pon un exemplo.
- A que cres que pode facer referencia a expresión “diversidade sexual”?
4. Cantas persoas falan neste fragmento informativo? Que son?
5. Agora le a convocatoria do concurso e explica coas túas palabras para que serve a convocatoria. (Podes clicar na imaxe para agrandala.)
6. Soletrea as palabras con cadrado verde.
7. Divide en sílabas e xustifica a acentuación das palabras con cadrado azul, se nelas hai algún ditongo ou hiato, indícao.
8. Busca o significado das palabras con cadrado vermello e escríbeo no caderno coas túas palabras. Despois inventa unha oración con cada unha delas. Lembra que as oracións han de cumprir os e requisitos: pode aparecer nun xornal, debe ter dez palabras ou máis sen contar preposicións nin artigos, e con ela se deduce o significado da palabra da que se trate.
9. Agora estaría ben que te puxeses a escribir e participases no concurso. Anímate e escribe a túa Historia de mulleres. (Esta actividade é de realización voluntaria.)
[…] Tarefa 2: 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 […]