ROSALÍA DE CASTRO – Nasín cando as prantas nasen –música de Laura Cuñarro e Afonso Traficante interpretada por alumnado e exalumnado de Artes Escénicas do IES Antón Fraguas – idem – 2014

Nasín cando as prantas nasen, 
no mes das froles nasín, 
nunha alborada mainiña, 
nunha alborada de abril. 
Por eso me chaman Rosa, 
mais a do triste sorrir, 
con espiñas para todos, 
sin ningunha para ti. 
Desque te quixen, ingrato, 
todo acabou para min, 
que eras ti para min todo, 
miña groria e meu vivir. 
¿De que, pois, te queixas, Mauro? 
¿De que, pois, te queixas, di, 
cando sabes que morrera 
por te contemplar felís? 
Duro cravo me encravaches 
con ese teu maldesir, 
con ese teu pedir tolo 
que non sei que quer de min, 
pois dinche canto dar puden 
avariciosa de ti. 
O meu corasón che mando 
cunha chave para o abrir, 
nin eu teño máis que darche, 
nin ti máis que me pedir.

ROSALÍA DE CASTROCantares Gallegos, 1863.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA