A POESÍA ORAL É A PRIMEIRA ENTRE AS XOIAS PRODUCIDAS POLO ESPÍRITO HUMANO


John H. McDowell (autoridade mundial no estudo do folclore e a etnomusicoloxía)

Premio á regueifa mellor cantada na categoría xeral do certame Enreguéifate 2018.

Que é unha regueifa?

Segundo o dicionario da RAG unha regueifa é unha disputa dialéctica improvisada e en verso.

De onde veñen as regueifas?

Se miramos na historia…

As nosas regueifas proceden, dunha banda, da tradición autóctona das cantidas de amigo e, doutra banda, das cantigas de escarnio de procedencia foránea.

Onde colocamos as regueifas dentro da literatura popular?

Na literatura popular temos os cantares de desafío que son competicións cantadas entre dous ou máis improvisadores que se realizaban nas festas e dentro deles as regueifas son a forma máis especializada e agresiva, e tamén a máis coñecida.


Vídeo participante na categoría escolar do certame Enreguéifate 2018. IES Maximino Romero de Lema .

A información contida nesta entrada procede da seguinte publicación:

PORTO CRESPO, Marina: Metodoloxía didáctica da improvisación oral en verso. Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Vigo. 2011.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA