A – Deulle unha patada a unha pedra.

AGA / AGÁS – Agás eu, todos saben algo de música.

ANTE – Ten que responder ante as autoridades polo que fixo.

APÓS – Após a representación, ofrecerase un café con pastas.

ATA / ATÉ – Quedo na cidade ata mañá.

BAIXO – Está esperando baixo a ventá.

BARDANTE – Todos votabamos por ir de excursión á neve bardante el que prefiría ir ao parque de atraccións.

CABO – O prado está cabo o río.

CANDA – Virás canda eles, prefiro que non conduzas pola noite.

CAS – Vai cas seus curmáns.

CON – Lévase ben con todo o mundo.

CONFORME / CONSONTE – Debemos actuar na elección conforme sinalan as normas do centro.

CONTRA – Chegarei contra as nove.

DE – De día e de noite.

DEICA – Agora deica pouco xa son as doce.

DENDE / DES DESDE – Dende aquel día non o volvín ver.

DURANTE – Non fixo nada durante todo o ano e agora quere facelo todo nun día.

EN – Quedou en branco.

ENTRE – A vila está entre dúas montañas.

EXCEPTO – Gustoume a película excepto o final.

FÓRA – Fóra teu irmán viñeron todos.

MALIA – Malia os cartos que gaña, non aforra para facer unha casa.

MEDIANTE – Conseguir algo mediante a axuda de alguén.

MENOS – Menos el, todos están de acordo.

ONDA – Fun onda el e atopeino chorando.

PARA – Ese moble é para os libros.

PERANTE – Testou perante notario.

POR – Por aquí chégase á cima do monte.

QUITANDO – Quitando tres, aprobamos todos.

SACADO / SACANDO – Sacando o avó, teñen todos o cabelo roxo.

SALVANTE / SALVO – Todos o deixaron só, salvante o irmán, que o acompañou durante todo o acto.

SEGUNDO – Segundo o que dis, esa teoría está equivocada.

SEN – Chegou á meta sen folgos.

SENÓN – Senón eu, sabíano todos.

SO – So o dominio do ditador.

SOBRE – Asistiu a unha conferencia sobre as correntes mariñas.

TRAS – Tras seis anos de prisión saíu á rúa.

XUNTA – Colle o libro que está xunta o caixón.

*Significan o mesmo: Aga – Agás – Excepto – Fóra – Menos – Quitando – Sacado – Sacando – Salvante – Salvo

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA