Aquí tede a ficha de reforzo de acentuación 3 dedicada ás palabras graves.

Quen ten que facer as fichas?

Ten que realizar obrigatoriamente as fichas de reforzo de acentuación todo o alumnado que suspendeu o apartado de acentuación no exame da primeira avaliación independentemente de que aprobase ou non a materia.

O resto do alumnado pode facer as fichas pero non ten que entregalas.

Todo o alumnado ten que coñecer o léxico contido nelas.

Como se poden conseguir as fichas?

Podes abrir os documentos e imprimilas na túa casa en cor ou branco e negro ou collelas na conserxaría do instituto en branco e negro.

Como hai que facelas?

Debedes completalas á man e levalas á aula o mércores 8 de maio de 2019. Despois de corrixilas entre todo o grupo na aula, deberás entregalas.

Ficha 3 – Graves

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA