Imaxe de gtuignatov en Pixabay.

Estas ideas están pensadas para traballar sobre o libro Be water de Antía Yáñez. Todas elas son aplicables a calquera outro libro.

  1. Audiolibro dramatizado da historia (ata 3 persoas)
  2. Audiolibro dun capítulo (1 persoa – adxudicación por sorteo)
  3. Booktrailer (ata 2 persoas)
  4. Booktuber (1 persoa)
  5. Escritura dunha historia que teña como protagonista a unha personaxe do libro (1-2 persoas)
  6. Escritura dunha precuela (1-2 persoas)
  7. Escritura dunha secuela (1-2 persoas)
  8. Marcapáxinas (diferentes ideas, pode ser de personaxes cun resumo da súa historia por detrás, ou as personaxes por un lado e información sobre o autor por detrás, citas do libro, etc.) (1-2 persoas)
  9. Recreación en cómic dun capítulo (1-2 persoas)
  10. Recreación en fotonovela dun capítulo (1-2 persoas)
  11. Recreación en vídeo dun capítulo (ata 3 persoas)
  12. Recreación nunha exposición fotográfica (1-2 persoas)
  13. Representación teatral do libro ou dunha das historias na aula  (ata 3 persoas)
  14. Serie de 10 carteis que representen a historia (ata 3 persoas)
  15. Entrevista radiofónica a algunha personaxe destacada (2 persoas)
  16. Serie en capítulos do libro (ata 4 persoas)
  17. Test de comprensión lectora dixital (1-2 persoas)
  18. Xincana literaria do libro (2 persoas)
  19. Xogo de mesa (1-2 persoas)
  20. Xogo virtual (1-2 persoas)

PRAZO DE ENTREGA – O xoves 10 de decembro, na hora de clase, remata o prazo de entrega para o traballo sobre o libro de lectura. Como se indica na programación docente do Departamento de Lingua Galega e Literatura, non se poderán recoller traballos entregados fóra de prazo

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA