Rosa Aneiros (Taraza, Meirás-Valdoviño, 1976)
De profesión xornalista e escritora, está licenciada en Ciencias da Información pola Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela (promoción 1994-1998).
Realizou os cursos de Doutoramento Xornalismo Audiovisual na Era Dixital. Realidade e Ficción (bienio 1998-1999) cun traballo dirixido academicamente polo profesor Manuel Martínez Nicolás que se abrangue baixo o epígrafe “A recepción da prensa electrónica. Investigación cualitativa sobre estudantes universitarios”.
Foi profesora de Métodos e Técnicas de Investigación en Comunicación Social na Facultade de Humanidades da USC, en Lugo.
Foi membro da xunta directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Formou parte do consello editorial da colección Abismos de Xerais.
Colaborou en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles: culturagalega.org (sección “Agardando as lagarteiras”), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana, Casa da Gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. Actualmente colabora co semanario A Nosa Terra.

Na actualidade traballa no Consello da Cultura Galega.