117.

“A túa voz do outro lado do teléfono […] Era unha voz que viña da Europa rica e farturenta para nos liberar, a min e a Rashid do inferno de Agadez. E, como o canto da serea, xuramos que atravesariamos o mundo con tal de alcanzar a túa voz.” (pp. 96-97)
De quen é esa voz da que fala o alpinista?
Por que compara esa voz cun canto de serea?
Por que fala de Agadez como dun inferno?

118. O alpinista realiza unha descrición polo miúdo dos elementos da fronteira.

“Tiña toda a miña fe depositada naquel valado, naqueles espiños, naqueles dous metros de sensores térmicos, arames, alarmas e gardas civís da fronteira de Marrocos con Melilla. Levaba meses, anos, soñando con ese último muro.” (p. 95)
Que consegue a autora con esta enumeración detallada de todos os elementos?

119. Coñecemos o nome dos dous alpinistas? Por que? Que consegue a autora dese xeito?

120. Por que cres que a autora decide chamar “alpinistas” a estes dous africanos?
Quizais a clave da interpretación estea nestas palabras do texto:
“Porque os escaladores non vencen cando soben á cima, vencen cando regresan sans e salvos ao campamento base.” (p. 153)
Como relacionas estas palabras coa historia?

121. Por que protagonista non chama por teléfono? Coa súa actitude consegue o que pretende? Cres que fai algo mal ou que realmente fai o que debe? Por que?

122. Como cres que os africanos nos ven a nós, os europeos?
“O mundo é un mundo de excesos, uns teñen moito e outros non teñen nada. Coma nós.” (p. 93)

123. En BBC Mundo podes ver unha reportaxe sobre as barreiras de Ceuta e Melilla e outros muros en todo o mundo.

Son todos os casos semellantes?
Consideras xustificada a existencia destes muros?

124. Observa a seguinte curtametraxe de Alfonso Ungría.

Que che suxiren todas esas imaxes?
É así como imaxinabas os alpinistas do monte Gurugú da novela?

125. Para vos achegar máis á realidade de Rashid e o seu irmán, podedes ver o filme 14 Kilómetros (2007) do director Gerardo Olivares.

Sinopse: 14 km é a distancia que separa África de Europa pero tamén é a barreira que afasta os soños de millóns de africanos que ven en Occidente a súa única saída para escapar da fame e da miseria. Da man de tres mozos africanos -Violeta, Buba e Mukela- percorremos unha longa e perigosa viaxe a través do Sáhara para coñecer o que nunca amosan os medios de comunicación. Esta é a historia dunha longa viaxe que comeza moito antes de ser noticia.

Fotografía de Hamed Saber en Flickr.

Despois de vela podedes realizar un parladoiro cinematográfico no que respondades a cuestións como as seguintes:
– Se o filme ofrece un retrato realista da situación.
– Se os protagonistas son libres ou están condicionados polas súas circunstancias económicas.
– Se os europeos e europeas temos algunha responsabilidade neste asunto.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*