Fotografía de Chesi en Flickr.
19. Cales son as palabras máis vendidas? A que cres que é debido isto?

20. Que son os neoloxismos? Escribe vinte neoloxismos de uso frecuente en galego. 


21. Fíxate como o autor constrúe o texto a base de neoloxismos e expresións do mundo da empresa e os negocios. Localízaos. Que consegue con isto? 


23. Cales son as estratexias seguidas polo inventor do Verba para introducir na sociedade o seu produto? Existe algunha semellanza entre o espallamento do Verba e a introdución do castelán en Galicia? Xustifica a túa resposta. 


24. Imaxina que tes a posibilidade de rexistrar en propiedade 10 palabras. Cales escollerías. 


25. Os eco-lingüistas do texto denuncian a aparición dos procesos de substitución lingüística e a perda da liberdade de expresión. Por que son malos os procesos de substitución lingüística? Pon exemplos deste fenómeno no galego. Por que o Verba provoca a perda da liberdade de expresión


26. Existen linguas naturais e linguas artificiais. Que cres que pode ser unha lingua natural? E unha lingua artificial


27. Na Galipedia atopamos que o lingüista Charles F. Hockett estableceu 15 características que debe posuír unha lingua para ser considerada natural. Observade estas características e demostrade se o galego as cumpre ou non mediante viñetas ou vídeo. Para facelo, dividídevos en grupos de maneira que a cada grupo lle corresponda un número determinado de características.
    1.    Modo de comunicación: a mensaxe prodúcese coa boca e recíbese co oído. Tamén pode darse a canle manual-visual, ou da escritura.
    2.    Transmisión difundida e recepción dirixida: na fala emítese unha mensaxe que se espalla en todas as direccións e que pode ser escoitada por calquera; con todo, o sistema auditivo humano permite a identificación do lugar de onde provén.
    3.    Transitoriedade: a mensaxe humana é temporal; as ondas esvaécense e a mensaxe non persiste nin no tempo nin no espazo.
    4.    Desenvolvemento interlocutivo ou intercambiabilidade: un falante, en condicións normais, pode tanto emitir como recibir mensaxes.
    5.    Retroalimentación total: o falante pode escoitarse a si mesmo no intre no que emite unha mensaxe. Isto é importante para a realización correcta da fala.
    6.    Especialización: os órganos que interveñen na fala, aparte de servir para as súas funcións fisiolóxicas correspondentes, están especializados para a fala.
    7.    Semanticidade: o significante correspóndese cun significado en particular. É un elemento fundamental de calquera método de comunicación.
    8.    Arbitrariedade: non existe correlación entre o significante e o significado.
    9.    Discreticidade: as unidades básicas son separables. Un oínte pode oír ou “t” ou “d”, e independentemente de que o escoite ben distinguirá ou unha ou outra.
    10.    Desprazamento: pode facerse referencia a situacións ou obxectos que non se sitúan por indicación no tempo (agora…) e no espazo (aquí…).
    11.    Dobre articulación ou dualidade: por un lado, os elementos que non posúen significado (fonemas) si serven para distinguir significados (capa / casa) e, por outro lado, os elementos que non posúen significado (fonemas) agrúpanse en unidades superiores (morfemas) que si posúen significado (can, anti-, -eira) e que se poden agrupar infinitamente.
    12.    Produtividade: as regras da gramática permiten a creación de novos enunciados que xamais foron creados, pero que poden ser entendidos.
    13.    Transmisión cultural: a linguaxe humana é un produto dunha evolución histórica e transmítese entre xeracións.
    14.    Prevaricación: a mensaxe pode ser intencionadamente falsa.
    15.    Función metalingüística: a linguaxe humana permite emitir mensaxes referidas a si mesma (p.ex. O galego é unha lingua románica).

28. Investiga que son o esperanto, o ido e a interlingua. Por que cres que non triunfan estas iniciativas dunha lingua universal de comunicación? Xustifica a túa resposta. Debatede na aula sobre esta cuestión. 



29. As palabras no texto son tratadas como un produto do mercado máis. Cres que isto poderá chegar a ser posible algún día? Por que? Debatede sobre esta cuestión.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*