Imaxe de Bershka.

 

De seguido detállase as actividades da Tarefa 7 centrada nunha necesidade básica, a de vestírmonos.

TAREFA DE LINGUA 7 

7.1. Realizamos a actividade 7.1. A roupa – Ordenar a roupa (descubrimos a Marie Kondo).

7.2. Imos agora repasar algo o léxico relacionado coa vestimenta. Para iso realiza no caderno os seguintes exercicios do libro de texto das páxinas 102 e 1031 (Clasifica no teu caderno as prendas segundo as coloques en perchas, caixóns, andeis superiores ou andeis inferiores), 2, 3, 4 (describe no teu caderno a vestimenta do hippy), 5 (prepararase a actividade para representala na aula, as parellas faranse do seguinte xeito: coordinadora + gardiá / secretaria + voceira, nos grupos de 3 persoas realizarán a actividade cunha escena na que participen 1 persoa que vende e 2 que compran), 6.

7.3. Continuamos aprendendo e practicando léxico, agora ímolo facer xogando no Portal das Palabras coa actividade 7.3. A roupa – Retos do léxico da roupa.

7.4. E rematamos coa actividade 7.4 A roupa – Que se leva? (as últimas tendencias en Coolt) na que editaremos a revista de moda do instituto para o inverno 2017-18.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA