A ASOCIACIÓN PUNTOGAL e A REAL ACADEMIA GALEGA organizan conxuntamente e por segunda vez un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. As bases completas pódense descargar aquí.

RESUMO DAS BASES

1.Participación

a) Poderán concursar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.

b) Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

2.Sobre os textos/microrrelatos

a) Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, ser orixinais e inéditos.

b) O tema dos microrrelatos é libre.

c) Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.

d) As obras terán como máximo 200 palabras (título incluído), que poderán acompañarse de imaxes, ligazóns ou vídeos.

e) Os textos presentaranse co seguinte formato: .docx, Arial, 12 puntos, interliñado 1,15.

3.Normas sobre o envío de textos

a) Os microrrelatos enviaranse por correo electrónico ao enderezo actividades@academia.gal

4.Período de presentación

O prazo para a presentación de textos estará aberto desde as 00:01 horas do1 de febreiro ata as 23:59 horas do 28 de febreiro de 2019.

5.Categorías

Establécense tres categorías

Infantil: ata 11 anos

Xuvenil: de 12 a 17 anos

Adultos/as: a partir dos 18 anos

6.Premios

a) Distribuiranse tres premios por cada unha das categorías

Infantil

-Primeiro premio: Lego Boost, un lote de libros, un dominio gratuíto.gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.

-Segundo premio: un lote de libros infantís, un dominio gratuíto .galdurante un ano e merchandising de PuntoGal.

-Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.

Xuvenil

-Primeiro premio: Play Station 4, un lote de libros, un dominio gratuíto .gal durante un ano e merchandising de PuntoGal.

-Segundo premio: Kindle, un lote de libros, un dominio gratuíto .galdurante un ano e merchandising de PuntoGal.

-Terceiro premio: un lote de libros e merchandising de PuntoGal.

Persoas adultas

-Primeiro premio: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros,un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising de PuntoGal eun lote de publicacións da revista Luzes.

-Segundo premio: un Kindle 6wifi negro ou modelo similar, un lote delibros, un dominio gratuíto .gal durante un ano, merchandising dePuntoGal e un lote de publicacións da revista Luzes.

-Terceiro premio: un lote de libros, merchandising de PuntoGal e un lotede publicacións da revista Luzes.

SEN COMENTARIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA