Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta – Ledicia Costas

1
582

mulleres planta

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Xerais. Colección Fóra de Xogo. 2016. 248 páxinas. 12 €.

Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.

Presentación editorial.

Crítica de María Navarro

Entrevista á autora en La Voz de Galicia

Entrevista á autora na web 5 ovejas negras

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

*